xoves, 3 de xuño de 2021

TRABALLAMOS A ALIMENTACIÓN

 Estes días estamos a traballar na aula a alimentación, debuxamos a nosa comida favorita e agora tocounos crear o noso propio mantel individual para as merendas, quedará no cole para poder empregalo en vindeiros anos. Para a súa elaboración empregamos o conto "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet, unha maravilla literaria para dar soltura ó artista que levamos por dentro e, os manteis, non quedaron nada mal. Soamente falta plastificalos e... ¡estrenalos!






luns, 31 de maio de 2021

A horta da escola

Hoxe visitamos a horta da escola, está moi pretiño así que fumos andando e levamos connosco unhas flores para plantar coa axuda do profe Suso que xa nos prepara a terra, alí nos reunimos tamén cos demais compañeiros de Educación Infantil. Pronto volveremos e veremos como están medrando as plantas.






xoves, 27 de maio de 2021

Facemos unha saída.

 Tardou pero chegou!

Por fin fixemos a nosa primeira saída programada para a sesión de psicomotricidade, foi a unha carballeira próxima ao centro. O profesor Suso chámalle "baños de bosque", unha experiencia en contacto coa natureza e os seus elementos. Corrimos, xogamos, merendamos ao aire libre, desfrutamos do cantar dos paxaros, abrazamos un carballo e fixemos ganas para a próxima, cando será?

Aí van unhas fotiños!











venres, 21 de maio de 2021

REMATAMOS O PROXECTO BICHOS

 Logo de moitas xornadas traballando sobre os bichos rematamos o proxecto, confeccionamos un dossier sobre algunha das actividades elaboradas na aula ao redor dos insectos en especial, logo completamos o noso mural dos bichos e fixemos unha pequena clasificación daqueles invertebrados que son insectos e cales non.






xoves, 20 de maio de 2021

ANIVERSARIO BRAIS E ERIC

 Hoxe foi o aniversario non de un... senon de ¡dous compañeiros da aula! Brais e Eric. Xa facía moito que non celebrábamos ningún aniversario pero recordábamos algunhas das nosas tradicións,  confeccionamos as coroas, sacamos fotos no photocall e por suposto vailamos as cancións de cumpranos feliz en varias versións, aqui vai a que nos ensinou a profe Leti. ¡Felicidades Brais e Eric!

                                                            











luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas

 Como cada 17 de maio, celebramos o día das Letras Galegas, este ano dedicado á escritora, poeta e traductora Xela Arias. Dende as aulas de infantil participamos nunha iniciativa da educación secundaria do centro que se chama "Regalízate" na cal debemos plasmar palabras en galego en bocadillos tipo cómic e logo sacarémonos unha fotografía para poder gañar unha regaliz ou outro elemento respetando a normativa covid. Pronto nos puxemos mans a obra para que este vindeiro mércores poidamos sacar as nosas fotos.
















Ademais dende a Deputación de Coruña escribiron na parede do centro un dos versos do poema "Eu ben vin estar o moucho" do poemario "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro.







sábado, 15 de maio de 2021

Manualidade da abella.

 Xa que estamos a coñecer moitos bichos imos a facer unha manualidade con un deles... ¡a abella!, imos precisar cartulina de cor amarela e branca sobre a que debuxaremos a abella e as ás, e logo picarémolas coa axuda do punzón. Ademais pegaremos papeis de cor azul nas ás e uns ollos saltóns na abella a cal tamén lle faremos as súas raias características. Para rematar crearemos a celda da colmea empregando papel de embalaxe e pintándoo de cor amarela ou laranxa. Foi moi divertido e agora decora o noso corredor. Animádesvos a facela?