xoves, 29 de abril de 2021

INVESTIGACIÓN SOBRE BICHOS


Agora que xa sabemos algunha cousa dos bichos, imos investigar coa axuda das familias sobre algún insecto coñecido como a xoaniña e outros moi raros como a vacaloura ou incluso o insecto pau. Durante unha semana buscamos información e recollímola nunha lámina de rexistro de información que logo presentamos aos compañeiros, aprendendo un montón de cousas novas.

Aqui van algunhas fotiños.







Un dos nosos compañeiros incluso atopou un poema sobre o seu bicho, o saltón.





mércores, 21 de abril de 2021

COMEZAMOS PROXECTO!

 

Chegou unha nova profe a aula e necesitou uns días para coller as rutinas da aula, agora parece que xa se adaptou así que imos empezar a facer traballiños, que nos gustan moito e sempre llos estamos a pedir.

Nos nosos recunchos que organizou a profe María, temos un montón de cousiñas para xogar e aprender: a cociña, os pinchos, as pezas de ensamblaxe, a plastilina, os coches, a caixa de animais e... 5 bichos que non coñecemos, a profe, que estaba moi atenta preguntounos os seus nomes... pero nos non os coñecemos, así foi como comezamos a investigar sobre os... BICHOS.

Aproveitamos á asemblea para reflexionar sobre o que sabemos deses bichos da aula, achegando así os nosos coñecementos previos e dar un punto de partida ó novo proxecto.

Fixemos unha actividade de clasificación dos diferentes animais da caixa para ver cales podemos agrupar con cales e así coñecer algunhas das características dos bichos.



Facemos o visionado dun video sobre as formigas onde nos explican algunhas das súas características.




Tamén escoitamos unha canción sobre as formigas que nos gustou moito.



Rematamos coas actividades iniciais facendo un debuxo inicial sobre o que sabemos dos bichos.