sábado, 31 de outubro de 2020

LIM DO SAMAÍN

Esta semana estivemos adicándolle uns minutiños á pantalla interactiva. Xogamos con este LIM do Samaín, facendo crebacabezas e tamén un memory. Seguiremos xogando nos vindeiros días. Animádevos a xogar desde a casa!



venres, 30 de outubro de 2020

CHEGARON AS MOMIAS

Aproveitando que estamos nunha semana moi terrorífica, decidimos convertirnos en momias dun xeito diferente. Deunos algo de traballo a tarefa, pero coa axuda de María conseguimos transformarnos nunhas momias moi xeitosiñas. Ata lle pillamos gusto ao baile das momias!

A bailar todos e todas no Samaín!


martes, 27 de outubro de 2020

A CABAZA DO SAMAÍN

 Chegamos á tan desexada semana do Samaín, que inaguramos coñecendo a fondo unha das froitas máis típicas do outono, a cabaza. Observamos a súa cor, o seu tamaño, o peso e puidemos tocar e comprobar a súa textura interna, ademais de coñecer as súas sementes.

Como falta pouco para o Samaín, a nosa aula non podía quedar sen unha cabaza alumeante, polo que estivemos falando de que como facerlle os ollos e a boca para espantar os malos espíritus e de paso, se asustamos ao Coronavirus, pois tamén nos serve.

Logo vimos un conto que nos gustou moito chamado "Corre corre, cabaciña" e pedimos repetilo varias veces, ata estivemos cantando a súa canción. Deixámosvos o enlace aquí para que tamén o poidades ver todos vós.

Para rematar a xornada da cabaza, decoramos as nosas propias cabazas poñéndolle ollos, nariz e boca, algunhas cabazas estaban contentas, algunhas tristes e outras medorentas e asustadas.

Mirade, mirade.... non teñades medo delas!!



luns, 26 de outubro de 2020

AS ÁRBORES DO OUTONO

A semana pasada estivemos observando distintas paisaxes do outono e descubrimos que moitas das árbores cambian a cor das súas follas. Tamén puidemos descubrir cales son as cores máis comúns nas follas que cambian.
Con estes pequenos descubrimentos, puxémonos mans á obra e elaboramos as nosas propias árbores e follas do outono, que nos serviron para decorar e ambientar o corredor do noso centro.

Menudos e menudas artistas estamos feitos!!

mércores, 21 de outubro de 2020

CHEGOU O OUTONO Á NOSA AULA

Os peques do Pecalama inauguramos o outono, na nosa aula, coa visualización dunha fermosa historia de amizade, na que descubrimos que a partir das landras saen os carballos. Este foi o punto de partida para investigar como é o outono e que cousiñas nos pode ofrecer. Xa vos iremos contando o que averiguamos.




luns, 19 de outubro de 2020

PASIÑO A PASIÑO


Pasiño a pasiño imos aprendendo máis cousas e sendo máis autónomos. Tódolos días realizamos as mesmas rutinas, que nos axudan a sentirnos máis seguros e ter confianza en nós mesmos. A asamblea inicial é a base do noso día, nela falamos, cantamos, escollemos o encargado e marcamos o punto de partida das numerosas actividades que imos a facer.
Botádelle un ollo!!

xoves, 15 de outubro de 2020

INSTALACIÓN DA APLICACIÓN DE ABALARMÓBIL

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece a aplicación ABALARMÓBIL. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas, a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida (cualificacións, faltas de asistencia, faltas de conduta, datos do centro, avisos, etc).

Para acceder á aplicación podedes utilizar a GUÍA PARA O SEU USO E INSTALACIÓN clicando neste mesmo enlace ou visualizando o seguinte vídeo. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao centro escolar ou consultalo coa titora.

mércores, 14 de outubro de 2020

ANIVERSARIO DE HUGO

 Hoxe estivemos de celebración na aula dos Pecalamiños. O noso amigo Hugo cumpriu 3 aniños. Aínda que non puidemos saborear un bo doce por motivos do COVID-19, a festa non desmereceu nadiña; bailamos, cantamos, fixemos fotos e elaboramos un super agasallo para Hugo.

Esperamos que o pasases moi ben no teu aniversario.

MOITOS PARABÉNS AMIGOO!!!