mércores, 24 de febreiro de 2021

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 24 de febreiro foi o 184 aniversario do nacemento da nosa ilustre escritora Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data decidimos elaborar un marcapáxinas de recordo. Pero antes, coñecemos un pouco da súa vida, que estudou, onde viviu, con quen casou, cantos fillos tivo e que fixo par ser tan memorable.

Gustounos moito coñecela e ver como despois de tantos anos aínda a seguimos lembrando, por ser muller, escritora e galega en tempos tan complicados.

Feliz día Rosalía!

martes, 23 de febreiro de 2021

ANIVERSARIO DE MARIELA

E seguimos cumprindo 4 aniños! Esta vez tocoulle á nosa Mariela e menuda festa lle montamos. Coma sempre Mariela preparou a súa coroa e entre todos, sacamos unhas fotos supermolonas no noso photocall, logo cantamos e bailamos, sen esquecernos do super agasallo para a nosa amiguiña. Que ben o pasamos!

Temos ganas de máis, de quen será o seguinte aniversario?

martes, 16 de febreiro de 2021

VENRES DE ENTROIDO

Chegou o día sinalado, o Entroido, e nós fomos á escola moi contentos e felices coas nosas mellores galas. Atopámonos con catro princesas de Frozen, un policía, un vaqueiro, un bombeiro, unha vaca, unha ratiña, unha unicornia, un monstro das galletas e un obreiro. Non sabedes a que montamos na clase conta tanta variedade e para rematala a nosa profe estaba de ladroa e quería roubarnos as merendas (sorte que tiñamos un policía para controlar a situación).

Que ben o pasamos!!



luns, 15 de febreiro de 2021

SOMOS PALLASOS!

Neste Entroido tan atípico convertímonos en pallasos dun xeito menos tradicional, disfrazamos a nosa propia foto e quedou ben chusquiña.

Escollemos dúas cores para o fondo, logo puxémoslle os complementos á nosa foto, gorro, nariz e lazo. 

Mirade o resultado, a ver se nos recoñecedes!!!

AS MÁSCARAS DO ENTROIDO

Chegada a semana do Entroido, puxémonos mans á obra e conseguimos elaborar unhas máscaras super chulas. Escollemos o modelo de máscara que máis nos gustou, pintámola coa nosa cor preferida, picamos os buratiños dos ollos e decorámola con purpurina, brillantes e plumas. 

Aquí está o resultado, esperemos que vos guste!

martes, 9 de febreiro de 2021

AS BOTIÑAS DE INVERNO

Durante estas semanas estivemos estudiando sobre o inverno e a vestimenta axeitada para esta época. É por isto, que decidimos elaborar unhas super botas para colgar no corredor do colexio. A verdade é que traballamos moito, estivemos varios días pegando papeliños para decoralas e quedaron chulísimas.

Mirade, Mirade!!