sábado, 30 de xaneiro de 2021

TODOS XUNTOS POLA PAZ

Os nenos e nenas de Infantil do Pecalama queremos a Paz e querémola xa!
Non hai mellor maneira de conseguila, que unir todas as nosas forzas para elaborar un fermoso arco da vella cheo de pombas de Paz. Cada un de nós aportou o seu gran de area ata conseguir este mural. O mesmo faremos coa Paz, xuntos lograrémola!

 

O DÍA MUNDIAL DA PAZ

Hoxe é o día mundial da Paz e os Pecalamiños estivemos moi atarefados con cousiñas sobre ela. Coñecemos a Gandhi e a Malala, dúas persoas moi importantes que loitaron e loitan por conseguir a Paz. E como nós non imos ser menos, aquí está o noso colgante da Paz, para que todo o mundo saiba, que nós tamén loitaremos por ela.

venres, 22 de xaneiro de 2021

AVISO ÁS FAMILIAS

 Estimadas familias:

Comunicamos que dende o luns día 25 ata o venres 29 de xaneiro non haberá SERVIZO DE COMEDOR no CPI Pecalama.

O horario esa semana será de 9:35 a 14:30 para Infantil, Primaria e Secundaria.

Os autobuses sairán ás 14:30 horas.

Saúdos!

martes, 12 de xaneiro de 2021

ANIVERSARIO DE DANIELA E VEGA

Comezamos o ano 2021 celebrando o aniversario das nosas amigas Daniela e Vega. Son as primeiras en cumprir 4 aniños e estamos moi emocionados, porque este é o ano no que todos e todas iremos cumprindo pouco a pouco os mesmos anos. 
Como toda boa festa de aniversario, non faltaron as coroas, as cancións, a música e o baile. Que ben o pasamos!! Estamos desexando que chegue o seguinte aniversario.

Moitos parabéns Daniela e Vega!! Esperamos que o pasarades moi ben!!