luns, 31 de maio de 2021

A horta da escola

Hoxe visitamos a horta da escola, está moi pretiño así que fumos andando e levamos connosco unhas flores para plantar coa axuda do profe Suso que xa nos prepara a terra, alí nos reunimos tamén cos demais compañeiros de Educación Infantil. Pronto volveremos e veremos como están medrando as plantas.






xoves, 27 de maio de 2021

Facemos unha saída.

 Tardou pero chegou!

Por fin fixemos a nosa primeira saída programada para a sesión de psicomotricidade, foi a unha carballeira próxima ao centro. O profesor Suso chámalle "baños de bosque", unha experiencia en contacto coa natureza e os seus elementos. Corrimos, xogamos, merendamos ao aire libre, desfrutamos do cantar dos paxaros, abrazamos un carballo e fixemos ganas para a próxima, cando será?

Aí van unhas fotiños!











venres, 21 de maio de 2021

REMATAMOS O PROXECTO BICHOS

 Logo de moitas xornadas traballando sobre os bichos rematamos o proxecto, confeccionamos un dossier sobre algunha das actividades elaboradas na aula ao redor dos insectos en especial, logo completamos o noso mural dos bichos e fixemos unha pequena clasificación daqueles invertebrados que son insectos e cales non.






xoves, 20 de maio de 2021

ANIVERSARIO BRAIS E ERIC

 Hoxe foi o aniversario non de un... senon de ¡dous compañeiros da aula! Brais e Eric. Xa facía moito que non celebrábamos ningún aniversario pero recordábamos algunhas das nosas tradicións,  confeccionamos as coroas, sacamos fotos no photocall e por suposto vailamos as cancións de cumpranos feliz en varias versións, aqui vai a que nos ensinou a profe Leti. ¡Felicidades Brais e Eric!

                                                            











luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas

 Como cada 17 de maio, celebramos o día das Letras Galegas, este ano dedicado á escritora, poeta e traductora Xela Arias. Dende as aulas de infantil participamos nunha iniciativa da educación secundaria do centro que se chama "Regalízate" na cal debemos plasmar palabras en galego en bocadillos tipo cómic e logo sacarémonos unha fotografía para poder gañar unha regaliz ou outro elemento respetando a normativa covid. Pronto nos puxemos mans a obra para que este vindeiro mércores poidamos sacar as nosas fotos.
















Ademais dende a Deputación de Coruña escribiron na parede do centro un dos versos do poema "Eu ben vin estar o moucho" do poemario "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro.







sábado, 15 de maio de 2021

Manualidade da abella.

 Xa que estamos a coñecer moitos bichos imos a facer unha manualidade con un deles... ¡a abella!, imos precisar cartulina de cor amarela e branca sobre a que debuxaremos a abella e as ás, e logo picarémolas coa axuda do punzón. Ademais pegaremos papeis de cor azul nas ás e uns ollos saltóns na abella a cal tamén lle faremos as súas raias características. Para rematar crearemos a celda da colmea empregando papel de embalaxe e pintándoo de cor amarela ou laranxa. Foi moi divertido e agora decora o noso corredor. Animádesvos a facela?






Día da Familia

O 15 de maio celébrase o día da familia co obxetivo de concienciar sobre a importancia da familia e recoñecer a diversidade familiar que existe na actualidade. Dende as aulas de Educación Infantil do CPI Pecalama fixemos un detalle para as familias dos nenos/as, ademais contamos o conto "Avós" para non esquecernos dunha parte fundamental das familias. 
 



venres, 7 de maio de 2021

Martes con Música

 


Este martes foi un día moi especial, pois puidemos disfrutar no patio do cole das ¡pandereteiras de Anxeriz!, esta actividade está enmarcada na iniciativa do departamento didáctico de música do CPI Pecalama , todos os martes realizaranse actividades relacionadas coa música, ademais colaboran outros profesores permitindo que todo o alumnado do colexio poida participar, nós pasámolo en grande, e quen non o crea soamente ten que mirar. Estamos esperando a ver con que nos sorprenden o vindeiro martes.









SESIÓN DE CINE

O profe Suso creou un cine na aula de psicomotricidade e non puidemos deixar pasar a ocasión de visitalo para ver a película de... ¡BICHOS!, ao comezo asustámonos un pouco porque os saltamontes estaban enfadados pero pronto nos fixemos amigos de Fli, o protagonista, disfrutando das súas aventuras. Foi unha tarde moi amena onde a profe despois nos deixou xogar un pouco coas colchonetas.



Ademáis ó día seguinte pintamos algunha das personaxes da historia recordando o argumento.





Grazas profe Suso!

sábado, 1 de maio de 2021

Recuncho dos bichos

 

Posto que estamos investigando moito sobre os bichos creamos un recuncho onde recoller toda a información, a profe mandou unha notiña para a casa informando sobre o novo proxecto e deixounos traer cousiñas relacionadas co proxecto,  gardámolas no recuncho nomeadas evitando que ande de man en man, tendo en conta a nova situación sanitaria, así podemos velos e a profe cóntanos algún dos contos logo da asemblea. Neste recuncho tamén incorporamos un mural para ir investigando máis a fondo sobre os insectos e así poder diferenciar estes doutros bichos.

Aí van unhas fotiños.


Temos unhas familias maravillosas que compartiron un montón de material relacionado, grazas!