mércores, 30 de setembro de 2020

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS

Chegou o primeiro día... o primeiro de moitos que marcarán unha etapa escolar moi fermosa, chea de aprendizaxes, aventuras e sobre todo, moitas alegrías. 
Entramos no centro algo nerviosos, impacientes, emocionados e con moita curiosidade por coñecer o novo colexio e tamén a nosa aula. Como será? Haberá xoguetes interesantes? Terei medo? Coñecerei moitos amigos e amigas? E a profe.... como será? Todas estas son preguntas que nos pasaron pola cabeciña a moitos de nós e que se foron resolvendo co pasar dos días.
Mirade como nos foi e que ben o pasamos!