xoves, 24 de decembro de 2020

FELICES FESTAS!


OS PECALAMIÑOS DESEXÁMOSVOS A TODOS E A TODAS QUE PASEDES UNHAS MOI BOAS FESTAS CHEAS DE AMOR E MOITA SAÚDE! VÉMONOS Á VOLTA, CARGADOS DE ENERXÍA PARA SEGUIR IGUAL DE BEN!

UNHA APERTA ENORME!

mércores, 23 de decembro de 2020

A FESTA DE FIN DE ANO

Por fin chegou o día que tanto desexabamos, a festa de Fin de Ano. Que emoción! Viñemos super guapos e guapas, coas nosas mellores galas e lucindo coma ninguén os mellores sorrisos.

Para deixar recordo deste fermoso día, fixemos un lote de fotos, nas que ensinamos as roupiñas de festexo e utilizamos divertidos adornos para divertirnos cos amigos e amigas. Ata pedimos fotos específicas cos amigos/as. O resultado foi espectacular!

E no momento de tomar as uvas, non puidemos evitar celebralo dúas veces, primeiro na Porta do Sol, vendo baixar a bola dourada e escoitando os "cuartos" antes das doce campanadas. E logo, con Pocoyó e os seus amigos, que divertido!! 

Despois das uvas, brindamos con champín e desexamos que o ano novo sexa espectacular, facendo "chinchín" todos xuntos. Que rico, algúns gustounos tanto que pedimos repetir varias veces.

E non hai festa, sen baile, polo que alá fomos, a botar unhas bailas e desfrutar deste Nadal tan especial.











luns, 21 de decembro de 2020

O RENO RODOLFO

Despois de coñecer a Rodolfo o reno máxico de Papá Noel, estivemos investigando a vida dos renos, que comen, onde viven e como conseguen voar. A verdade é que nos gustan moito, son uns animais moi simpáticos e traballadores, porque menudo traballo lle espera para a noite de Nadal.

Como podedes ver, en homenaxe a Rodolfo, decoramos as bolsiñas do traballo coa súa cara. Quedaron moi chulis. 

Botádelle un ollo!


domingo, 20 de decembro de 2020

MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA OS PECALAMIÑOS

Esta semana Papá Noel deixounos unha mensaxe moi importante, que nos fixo pensar un pouquiño. Non podemos pedirlle tantos agasallos, temos que escoller un soamente, pois o reno Rodolfo ten unha ferida nunha pata. 
É por iso que nos puxemos máns á obra e escribimos a nosa carta co agasallo que máis nos gustaría ter no Nadal.
Como sabemos que Papá Noel non pode visitarnos ao colexio por mor da Covid-19, pero mira o blog tódolos días, deixamos aquí o noso xoguete máis desexado.

Un bico enorme Papá Noel, non te esquezas de nós!!


 






mércores, 16 de decembro de 2020

A NOSA ESTRELA DO NADAL

Estes días estivemos moi atarefados elaborando unha estreliña para colgar na árbore do Nadal. Primeiro, pintamos o cartón do papel de wc da nosa cor preferida, logo botámoslle un chisco de purpurina e para rematar María cortou e montou a estrela.

Quedounos moi chuliña e mentras que non a levamos para a casa, témola decorando a nosa aula. 

Mirade, mirade!!

mércores, 9 de decembro de 2020

O ANIVERSARIO DE DANIEL

Este fin de semana estivo de aniversario o pecalamiño máis pequeno do colexio, o noso Daniel. Xa fixo tres aniños e nós aproveitamos para facerlle unha enorme festa, na que non faltou a música para cantar e bailar. 
Desexamos que o pasases moi ben e que che gustase o noso agasallo.

Moitos parabéns Dani!!

venres, 4 de decembro de 2020

CHEGOU A NEVE Á NOSA AULA

Coa chegada do mes de decembro e co Nadal á volta da esquina, os Pecalamiños puxémonos mans á obra e comezamos a prepararnos para o inverno que vai a entrar. Que mellor maneira para ambientarnos, que meternos dentro dunha estupenda bola de neve. 

Mirade que divertido!!!

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe foi un día moi especial, hoxe foi o día internacional das persoas con discapacidade. Estivemos pensando que significa "discapacidade", que tipos de discapacidade podemos coñecer e como podemos mellorar a súa calidade de vida. 
Vimos un corto moi fermoso que queremos compartir con todos vós e que nos fixo pensar moito. Desexamos que as persoas con discapacidade se sintan felices e poidan ter as mesmas opcións e dereitos que as demais persoas. Para iso temos que loitar pola igualdade e rexeitar as diferenzas e a discriminación.

Está nas nosas mans conseguilo e tamén nas vosas!!!



mércores, 2 de decembro de 2020

O ANIVERSARIO DE CHRISTIAN

Este martes celebramos o terceiro aniversario do noso Christian. Tal e como manda a lei de festexos dos Pecalamiños, tivemos baile, cantamos, fixemos fotos divertidas e démoslle un estupendo agasallo ao noso amigo. Desexamos que o pasases moi ben no teu día!

Moitos parabéns Christian!!!