martes, 27 de outubro de 2020

A CABAZA DO SAMAÍN

 Chegamos á tan desexada semana do Samaín, que inaguramos coñecendo a fondo unha das froitas máis típicas do outono, a cabaza. Observamos a súa cor, o seu tamaño, o peso e puidemos tocar e comprobar a súa textura interna, ademais de coñecer as súas sementes.

Como falta pouco para o Samaín, a nosa aula non podía quedar sen unha cabaza alumeante, polo que estivemos falando de que como facerlle os ollos e a boca para espantar os malos espíritus e de paso, se asustamos ao Coronavirus, pois tamén nos serve.

Logo vimos un conto que nos gustou moito chamado "Corre corre, cabaciña" e pedimos repetilo varias veces, ata estivemos cantando a súa canción. Deixámosvos o enlace aquí para que tamén o poidades ver todos vós.

Para rematar a xornada da cabaza, decoramos as nosas propias cabazas poñéndolle ollos, nariz e boca, algunhas cabazas estaban contentas, algunhas tristes e outras medorentas e asustadas.

Mirade, mirade.... non teñades medo delas!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario