mércores, 23 de decembro de 2020

A FESTA DE FIN DE ANO

Por fin chegou o día que tanto desexabamos, a festa de Fin de Ano. Que emoción! Viñemos super guapos e guapas, coas nosas mellores galas e lucindo coma ninguén os mellores sorrisos.

Para deixar recordo deste fermoso día, fixemos un lote de fotos, nas que ensinamos as roupiñas de festexo e utilizamos divertidos adornos para divertirnos cos amigos e amigas. Ata pedimos fotos específicas cos amigos/as. O resultado foi espectacular!

E no momento de tomar as uvas, non puidemos evitar celebralo dúas veces, primeiro na Porta do Sol, vendo baixar a bola dourada e escoitando os "cuartos" antes das doce campanadas. E logo, con Pocoyó e os seus amigos, que divertido!! 

Despois das uvas, brindamos con champín e desexamos que o ano novo sexa espectacular, facendo "chinchín" todos xuntos. Que rico, algúns gustounos tanto que pedimos repetir varias veces.

E non hai festa, sen baile, polo que alá fomos, a botar unhas bailas e desfrutar deste Nadal tan especial.











Ningún comentario:

Publicar un comentario